Quen somosQuienes somos

Quen somos

APLICACIÓNS INFORMÁTICAS E COMUNICACIÓNS AVANZADAS, S.L. nace no ano 1996 en Ourense. Cun capital integramente ourensán, instálase no Parque Tecnolóxico de Galicia un ano máis tarde, lugar no que atopa as condicións técnicas necesarias para desenvolver a súa actividade, sempre relacionada co ámbito da informática e das novas tecnoloxías.

Mantendo os principios orixinais da súa creación, xurdiu a través dun proxecto empresarial liderado por licenciados universitarios no ámbito das novas tecnoloxías, a empresa está a sufrir unha importante reestruturación coa finalidade de cubrir as necesidades dos nosos clientes.

O capital humano é un punto diferenciador da nosa empresa. No seo do seu 10 aniversario, conforman o cadro de persoal 8 titulados universitarios, integrados nos diferentes departamentos que hoxe ten a empresa:

  • Departamento de desenvolvemento informático
  • aica edicións
  • Departamento de traducións
  • Departamento de administración

Dende a direción da empresa dáselles un valor importante aos seguintes aspectos:

Nace coma un proxecto empresarial liderado por licenciados universitarios no ámbito das ciencias que pretenden desenvolver novas experiencias e proxectos con base nas emerxentes tecnoloxías telemáticas que existen nese momento.

  • Persoal: Nutrímonos directamente da "Escola Superior de Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense", onde atopamos un persoal altamente cualificado para cubrir as nosas necesidades. Parte do cadro de persoal de AICA, S.L.  compaxina o traballo na empresa coa docencia na universidade. Isto permítenos estar ao día no eido das novas tecnoloxías e coñecer de  primeira man, o potencial dos alumnos que  alí  reciben  unha formación académica.
  • Trato directo e profesional cos nosos clientes, adaptando os nosos coñecementos e ideas ás súas necesidades
AICA - Aplicaciones Informáticas y Comunicaciones Avanzadas, S.L.
Parque Tecnológico de Galicia, San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense - Teléfono 902 747 047
Regisgro Mercantil de Ourense, Inscripcion 1ª, Hoja OR/5296, Folio 103, Tomo 392, CIF B 32.217.382
Dominio anotado en el Registro Mercantil de Ourense, Diario 45, Asiento 1577, Folio 108.
APACHE powered TYPO3 powered MYSQL powered